sábado, 23 de junio de 2012

A noite máis corta do ano





E para min a máis bonita. Por fin chegou o San Xoán.

"No San Xoán a sardiña molla o pan" e "A auga do San Xoán tolle o viño e non da pan" son dous dos refráns que a miña avoa se encargou de deixarme en herencia. Anque mirando hoxe en internet atopei outro moi curioso, "Polo San Xoán a vella preguntará cándo virá o verán". Sen comentarios.

Teño todo preparado. Co permiso da veciña, recorrinlle a súa horta, acompañada dun dos meus sobriños, e recollemos 7 variedades diferentes de herbas, que según a xente da aldea, son as consideradas "herbas de San Xoán". Malva, herba luísa, herba avelleira, fiuncho de anís, follas de limoeiro, chopo e hortensia son as plantas que, unha vez chegada á casa, metín nun barreño con auga para deixar toda a noite ó aire libre, e que os espíritos e meigas as bendigan con efectos positivos. Seica hai outras herbas do San Xoán, como o romero e a ruda, pero este ano non as puiden atopar.

Ademáis disto, escribín a miña lista de desexos que quero que me concedan as bruxas e meigas. Esta lista está colocada debaixo do barreño das herbas dende antes de que se puxera o sol, e mañá cando me erga, mollarei cada moneca das miñas mans e lavarei a cara coa auga fresca e arrecendente. A continuación, queimarei o papel dos desexos  para que o meu particular conxuro, que unha vez me dixo unha moi boa amiga, se cumpra. Que por qué o fago? pois porque a superstición forma parte do meu ser, e de seren certas tódalas lendas que rodean a esta noite,a máis máxica do ano, quero poñer ós espíritos, meigas e bruxas do San Xoán a traballar para min. Algún desexo sempre se me cumpre.





E qué toca cear esta noite? Pois sardiñas con pan de millo, por suposto. Non se poden perder estas tradicións. Non cabe outra posibilidade, anque isto non quere dicir que non se poidan acompañar doutros manxares, como son un bo churrasquiño e uns chouriciños criollos. Non será ata partir das 00:00, cando se lle prenda lume á fogueira e facer a tradicional queimada, remexendo e remexendo a brevaxe namentras recitamos o conxuro. E como non, antes de rematar a festa, hai que botarlle uns cánticos e uns bailes para sacudir o engulido ó longo de toda a noite.




Cando a copiña de queimada esté fervendo nos corpos (sempre con medida, nada con exceso) é por lei saltar a fogueira un número impar de veces, sen poder ser unha vez soa, e pronunciar estas verbas: "meigas fóra", porque como di a cultura galega, habelas hailas. A razón de que se faga isto é que o lume ten a condición de elemento purificante da alma e queima as impurezas e as malas herbas, alonxándoas de nós.

Qué trastada tocará facer hoxe no Meco? Argallareina mentras desfruto dun chopiño de queimada nesta especial noite do ano.

Boa noite e parabéns a tódolos Xoáns.

6 comentarios:

  1. Moi bo Margarita, o teu pobo pode estar orgulloso. Felicidades por vivir no Meco e a ver se con este blog aumenta o turismo da zona e alguén che pode compensar o esforzo. Espero que o San Xoan cumpra todos eses desexos escritos no papel. Un biko

    ResponderEliminar
  2. Estamos á espera de máis temas do Meco...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Dame tempo, non podo publicar a diario se non, malacostúmovos! Pero xa a estou argallando...

      Eliminar
  3. Como xa che expresei nun sms,porque cando quixen comentar non puiden, abraiada quedei.Ghústame o punto de partida: Os Outeiros do Meco infantís e a noite máxica e olorosa do San Xoán, na que bota a andar unha aventura.Que non é a única: porque para ti e para min esta noite supuxo hai anos un paso adiante, un punto de partida tamén( RONALDI)ou un punto de unión entre pasado e futuro , como a ponte que tan privilexiada vista ten .....desde os Outeiros do Meco.Bego.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Obrigada, Ronaldi, compañeira de risas e choras. O "cai" nos queda por escribir xuntas...

      Eliminar

Queres opinar?