sábado, 9 de junio de 2012

Punto de partida.


Nunca me imaxinei que tivera o arranque suficiente para crear un blog. Máis que nada porque non teño a creatividade suficiente nin a facilidade de palabra que sempre creín necesarias para a creación de tal cousa. Pero surxiu da nada, de casualidade, coma quen encontra unha moeda de 5 céntimos cando vai camiñando pola rúa. Nunca se pode decir que desta auga non beberei,  e a paciencia e o tempo sóbranme para estas cousas, pois aqui nace Os Outeiros do Meco.

Unha das preguntas que sempre me fixen foi se cada blog debe ter unha temática específica ou pode ser aberto. Eu opto pola segunda opción. Quero falar de todo e de nada en particular, o que me saia e me apeteza poñer aquí, cómo e cándo queira.

O nome elexido fai honra ó lugar onde nacín e me fartei de xogar de pequena. Aquí deixo dúas imaxes das fermosas vistas que se poden disfrutar dende este sitio único, peculiar e representativo da miña aldea, O Meco.






1 comentario:

Queres opinar?