sábado, 30 de junio de 2012

A corredoira do Arcal

Se fai vinte anos me din que acabaría sacándolle fotos e falando dela en internet probablemente me botaría a rir. Parece que sendo nena non souben apreciar o que tiña no meu arredor. Pero a día de hoxe, cada vez que paso por este pequeno paraíso, non podo evitar pararme debaixo e observar o fermosa que é.

Árbores centenarias pendurando case no aire, mostrando as súas raíces espidas. Lianas, silvas e ramas colgan dun teito fictício, punto de encontro entre o arboredo de dereita e esquerda, impedindo que a luz do astro rei penetre no seu territorio e lle roube o seu halo de misterio de fresca cor verde. Terras barrosas cubertas de musgo son as paredes que flanquean este escuro pasadizo que leva ata a praia das Caldas.

Seica en tempos da guerra civil, un home tentando escapar da morte segura que o perseguía, saltou correndo dun lado a outro, conseguindo escapar dos seus verdugos.

Falo da CORREDOIRA DO ARCAL.



Corredoira do Arcal. Foto 1

Foto 2.

Foto 3.

Foto 4.

Foto 5.

Foto 6.

Foto 7.

Foto 8.

Árbores centenarias. Foto 9.

Árbore pendurando case no aire. Foto 10.

Foto 11.

Foto 12.

Foto 13.

14 comentarios:

  1. A ubicación é a autovia de barbanza....ayyy, como serán entón as carreteras secundarias... Moi chulo, no verán en días de moito calor debe de ser unha gozada andar á fresco por ahí.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias, compañeiro. A corredoira situase a uns 150 metros da ponte da autovía que atravesa o mar, e ó querer poñer a ubicación no mapa xa me sale esta automáticamente; e xa sabes, 100 metros arriba, 100 metros abaixo...Xa ves que en Taragoña estamos moi ben comunicados... Un saúdo!.

      Eliminar
  2. Marga, temos k facer unha excursión por terras mequenses. Gracias por compartir con nos a fermosura do lugar onde te criaches. Bikiños mosa!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. De nada, Geni. Todo o contrario, GRACIAS a vós por lerme e por esas verbas de ánimo. Cando queirades, ofrézome para ensinarvos os pequenos tesouros que agacha a miña terriña... Unha aperta, guapísima!

      Eliminar
  3. Teño que confesar que non esperaba que O Meco ghardara eses tesouros.Tiña a idea de que era un cacho pequeno de terra por eso o que fas ten moito mérito, abrírnolo a todos, a parte claro está do ben que o fas.
    O camiño...vese vello.Alegra ver que aínda quedan vellos camiños polos que escapar...Vendo as fotos recordáronme a Cortegada, só que asfaltado.¿A onde leva?¿Hai unha mámoa ou algho?.Díghoo polo nome, Arca, Arcal... teñen que ver con eses monumentos.Estou deseando ler a sighiente entrada e ...hoy quiero confesar ..jejej que sigho abraiada e que estou sentindo certa envidia por non ser eu capas de retratar tan ben os camiños e os outeiros que hai por arriba do lavadero.Ánimo,Marghuí, declárome fiel seghidora dos teus recordos.BGÑ.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Aiiii, miña almiña xemelga... O día que ti te poñas a escribir terá lugar un novo concepto de literatura! Non hai máis que escoitarche na caixiña máxica...jeje. Descoñezo que haxa ou non unha mámoa, pero póñome mans á obra para averigualo. E si, tes razón, teño pequenas lembranzas de Cortegada e semella similar á nosa corredoira. Moitas gracias, Bego, polo teu recoñecemento. Xa sabes que as túas palabras van á misa no meu carro, ademáis, sentadas nun trono. Un biquiño moi grande.

      Eliminar
  4. Pódese pasar en coche? ou hai que ir á pé. Parece interesante. Bueno de todas formas coa túa descripción xa nos imaxinamos q estamos ahí. Bikos Margarita, non pares de traballar aínda q non che paguen.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ola, Julita. Pode pasarse en coche perfectamente, pero estas pistas conducen a leiras e á pequena praia das Caldas, pero está cerquiña da saída da autovía do Barbanza en Taragoña, e da Igrexa, co cal non hai perda. E qué? xa decidiches cando me vas vir facer unha visita? Gracias e unha aperta, nena!

      Eliminar
  5. Marga, non sabes a candidade de recordos me trouxo este artigo.As tardes de praia nas Caldas,os pases de modelos que faciamos cas toallas e os loureiros cando o mar estaba devalado, a volta pola Fonte da Cruz arrincando follas de coles para beber naquela fonte que tan boa auga tiña....
    Sandra, Ana, María José, Emma, Miguel o Caramecha, Santi o da Portela, Go...non tiñamos tanto como hai agora, pero eu creo que os meus fillos non terán recordos tan bos coma os meus.
    Acordeime das loitas nas arquetas da auga, os do Meco contra os do Cuveliño,Ata me acordei de Ramón da Arousa, que tamén formou parte das nosas vidas. Sigue así Marga, e vainos traendo as lembranzas daqueles maravillosos anos.
    Outra cousa, a Corredoira do Arcal polo que teño entendido era unha ruta "per loca marina", e cando estaba o mar baixo vadeabano para ir ata Neixón. SARA

    ResponderEliminar
  6. Ufff, qué emotivo o teu comentario! A verdade é que as nosas vivencias e costumes non se van revivir polas novas xeracións e é unha verdadeira pena porque eu tamen penso que a nosa infancia deulle mil voltas ó que hoxe en día poden disfrutar os nenos. Pois ben, tratarei de seguir nesta liña, refrescando a menoria e ensinando a nosa terriña. Por certo, Ramon da Arousa...uffff, haberá que adicarlle algo...Un bico, Sara.

    ResponderEliminar
  7. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  8. Cantos recordos me veñen a memoria,e todolos dias paso a leelo.Sara non te olvides do caixon de batea que habia na praia.Marga segue asi,traendonos recordos maravillosos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O caixón da batea...ufff, con qué pouco nos conformábamos e qué ben o pasamos. Tiñamos unha chea de trampolíns dependendo do estado da marea: a pedra grande, a pedra pequena, o caixón da batea... Qué tempos tan bonitos!

      Eliminar
  9. Acódome do caixón da batea, que unha vez fundírase e Fran o Carri rascara toda a perna. Que ben o pasabamos tirándonos dende os puntóns

    ResponderEliminar

Queres opinar?